Para facer o traballo de forma correcta debemos documentarnos, e empezaremos consultando o Currículo de Educación Primaria. O Currículo é o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación desta etapa educativa. Este documento o debemos de ter como referencia para todas as actividades que se realicen durante esta etapa educativa.
A actividade de facer un periódico dixital escolar pode axudar a
chegar a algúns dos fins que persegue a Educación Primaria segundo
o Currículo: fomenta a lectura, xa que para redactar a noticia debe
facerse unha documentación; a escritura, ao redactar as noticias, e
a creatividade.
Igual que aos fines, a realización do periódico dixital escolar,
axuda a desenvolver as capacidades que o Currículo estipula para a
Educación Primaria:
- Esta actividade permite desenvolver o traballo, principalmente o colectivo, así como o sentido crítico, curiosidade, interese e creatividade.
- Facer as noticias permite coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non-discriminación de persoas con discapacidade.
- A redacción das noticias, se o periódico é bilingüe, permite coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e castelá.
- O periódico tamén permite aos alumnos coñecer e valorar o seu contorno social, natural e social.
- Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construcción de propostas visuais.
- Ademais, debido á infinidade de posibilidades temáticas das seccións do periódico poden desenvolverse capacidades específicas de cada materia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario